viernes, 15 de marzo de 2019

ENTROIDO

Día da Paz


Dicía o célebre indú Mahatma Ghandi que “non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”, un lema que fixeron seu os 700 alumnos e alumnas do CEIP Eusebio da Guarda e outros 200 do IES Eusebio da Guarda, asi como o profesorado,  cun acto que se levou a cabo na Praza de Pontevedra o mércores 30 de xaneiro ás 12:00 horas.
O acto pretende inspirarse nunha educación que promova unha cultura de non violencia e de paz que permite ós alumnos adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os de outras persoas.


Día Escolar da Paz e a Non Violencia (1) from ceip eusebio da guarda on Vimeo.